sábado, 6 de mayo de 2017

O primeiro préstamo da biblioteca

Bos días a tod@s!

Como veredes, os nenos e nenas levaron este venres un contiño da biblioteca do colexio.

Co fin de introducilos nunha rutina que lles acompañará o resto dos anos de infantil (e primaria), levarán cada venres para a casa o conto que eles mesmos escollan, co fin de que poidan desfrutar del durante a fin de semana.

Estes contos poderán irse traendo de volta durante a semana seguinte, sempre procurando que sexa antes do venres.


O préstamo de libros dende idades tan temperás favorece unha serie de hábitos que, pouco a pouco, irán adquirindo e desenvolvendo de eiquí en diante, coma por exemplo:

- A valoración dos libros e dos contos como obxectos de desfrute, favorecendo así o gusto pola escoita e, posteriormente, pola lectura de contos.


- A adquisición dunha maior autonomía no uso da biblioteca, escollendo eles, individual e voluntariamente, aquilo que desexan ler, cumprindo sempre, nese momento, as normas que é necesario seguir neste espazo de lectura,


- A valoración da importancia de coidar os materiais e, máis concretamente, dos libros, que sempre nos brindan oportunidades de aprender, de imaxinar, desfrutar, etc.

Así que neste tempo que nos queda no cole, comezaremos xa a reforzar todas estas cousas, e esperamos que tamén dende a casa poidades sacar o máximo proveito aos préstamos da biblioteca.

Un saúdo!


lunes, 1 de mayo de 2017

A exursión ao Aquarium Finisterrae

Moi boas a tod@s!!

Tras un tempo, queremos ensinarvos por aquí algunhas imaxes da excursión realizada ao acuario.

Primeiro, deixamos a continuación algunhas fotiños da viaxe en bus, que sempre se nos fai bastante amena (excepto á volta, que esa xa é algo máis longa...).








Xa alí, fixemos un recorrido bastante intenso polas instalacións do acuario.

Así, nun primeiro momento visitamos o Nautilus e puidemos ver ao tiburón Gastón.





 Mais adiante, puidemos ver as medusas e as estrelas de mar.




Por último, fixemos un recorrido breve pero intenso polo resto dos acuarios. Velaí vai a proba... 




Unha experiencia sen dúbida moi interesante, e da que os pingüiños desfrutaron moito.

Un saúdo!


domingo, 5 de marzo de 2017

En frebreiro cumpriron...

Este mes pasado, o noso compañeiro Gorka estivo de aniversario. Os pingüiños desexámoslle que estos 4 anos lle traian moitas experiencias, alegrías e aprendizaxes!

Parabéns, Gorka!


O entroido no colexio

Boas!!

Unha vez acabado o entroido, e sen poder celebrar aínda o enterro da sardiña, tiñamos que ensinarvos as fotos dos mandadiños correspondentes e do propio día da festa.

O primeiro día, tiñamos que traer un antifaz.


E, tras isto, poñernos unha perruca!


Para rematar, o último día, chegamos todos cun sombreiro a clase. E velaquí a proba.


E, case pechando a celebración, chegou o día da festa. Estabamos todo@s guapísim@s!!


Agora, xa estamos pensando no día da muller traballadora... Lémonos prontiño!

domingo, 12 de febrero de 2017

Os aniversarios de xaneiro

Boas! 

Neste mes pasado tamén houbo algún pingüino que quixo compartir o día do seu aniversario cos compis...

Parabéns, Clara e Mario!! Agora xa cambiamos a cifra, e son 4 os aniños que temos que celebrar.
Desexámoslles aos dous moita felicidade e moitas aprendizaxes neste novo ano que comezan.

Saúdos!

 
 

domingo, 15 de enero de 2017

O mostruo de cores e as emocións

Boas a todas e todos!! 

Xa estamos aquí de novo.

Neste trimestre comenzamos traballando un aspecto básico no noso día a día: as emocións.

Estámolo facendo a partir dun conto que nos cautivou a tod@s dende o comezo: "El monstruo de colores". Esta historia trata dunha criatura que ten que ordenar as súas emocións, cada unha de distinta cor, para poder comprender mellor en quE consisten, cando aparecen e como nos sentimos no momento no que isto ocorre.


Nós, trala sesión na que leímos o conto, tamén quixemos poñer orde as emocións do noso monstruo, e así, fomos ordenando nuns botes, coma na historia, as las das distintas cores, non sen antes ordenalas, da máis curta á máis lunga, traballando así as nocións de tamaño e a comparación. Aquí van algunhas imaxes.





A partir de aquí, desenvolveremos un traballo no que abordaremos todas esas emocións, unha por unha, tal e como o iremos plasmando nas nosas actividades.

Vémonos pronto! 
Un saudiño.

jueves, 5 de enero de 2017

A visita dos Reis Magos

Bos días!

Neste tempo de vacacións queremos ensinarvos algunhas imaxes da visita dos Reis Magos ao cole, aos que lles preparamos, por suposto, unhas cartas nas que lles informábamos de aquilo que queríamos para estas datas. 

Neste día, os reis falaron bastante con nós, preguntáronnos se fomos o suficientemente bos neste ano e, por último, quedaron coas nosas cartas, así que.. a ver con qué sorpresas nos encontramos mañá!

Un saúdo.