sábado, 6 de mayo de 2017

O primeiro préstamo da biblioteca

Bos días a tod@s!

Como veredes, os nenos e nenas levaron este venres un contiño da biblioteca do colexio.

Co fin de introducilos nunha rutina que lles acompañará o resto dos anos de infantil (e primaria), levarán cada venres para a casa o conto que eles mesmos escollan, co fin de que poidan desfrutar del durante a fin de semana.

Estes contos poderán irse traendo de volta durante a semana seguinte, sempre procurando que sexa antes do venres.


O préstamo de libros dende idades tan temperás favorece unha serie de hábitos que, pouco a pouco, irán adquirindo e desenvolvendo de eiquí en diante, coma por exemplo:

- A valoración dos libros e dos contos como obxectos de desfrute, favorecendo así o gusto pola escoita e, posteriormente, pola lectura de contos.


- A adquisición dunha maior autonomía no uso da biblioteca, escollendo eles, individual e voluntariamente, aquilo que desexan ler, cumprindo sempre, nese momento, as normas que é necesario seguir neste espazo de lectura,


- A valoración da importancia de coidar os materiais e, máis concretamente, dos libros, que sempre nos brindan oportunidades de aprender, de imaxinar, desfrutar, etc.

Así que neste tempo que nos queda no cole, comezaremos xa a reforzar todas estas cousas, e esperamos que tamén dende a casa poidades sacar o máximo proveito aos préstamos da biblioteca.

Un saúdo!


No hay comentarios:

Publicar un comentario