sábado, 19 de noviembre de 2016

As celebracións do Samaín e do Magosto

Boas de novo!!

Depois dalgún tempo, tiñamos que ensinarvos as dúas festas que celebramos ata agora no cole.

A primeira delas, como saberedes, foi o Samaín. Aquí deixamos algúns momentos do que precediu á festa, ou sexa, a chegada das cabazas á aula!



Mais o mesmo día da celebración, tamén tivemos tempo de ver as nosas cabazas xa colocadas, así como as dos nosos compis. Tras isto, baixamos ao salón de actos para escoitar algunhas cancións relacionadas co Samaín, e incluso para ver unha actuación dalgunhas das nosas profes! Velaí vai unha fotiño daquela xornada.


Pero pouco despois deste día de festa.. aínda tiñamos forzas para celebrar algo máis! Así que nos fixemos unhas coroas de castanas e... habemus Magosto! E aquí tedes as imaxes.









...e ata aquí chegaron os días de troula.
Vémonos prontiño! Un saúdo!

martes, 8 de noviembre de 2016

Os primeiros aniversarios

Ola a todos e todas!

Como tamén nestos primeiros meses de escola houbo algún pingüino que estivo de aniversario, queremos aproveitar para darlles de novo, dende aquí, as nosas felicitacións, e desexarlles que estes 3 aniños traian moitas cousas boas.

Parabéns, Thiago, Cris e Ismael!
E grazas tamén aos papás e as mamás por facilitar que poidamos celebralo entre todos.


Probando os froitos do outono

Seguimos poñéndovos ao día!

Xa que foron moitos os nenos e nenas que achegaron á aula algún froito desta época (castañas, noces, granadas, feijoas, améndoas, etc...), aproveitamos para falar deles e distinguir así entre aqueles que son máis duros ou con cáscara (os froitos secos) e aqueles outros que son tenros ou máis humidos (carnosos), como as uvas, as mazás, as mandarinas...

Tras facer isto, ademáis, animámosnos a probalos: dispuxemos nun pratiño unhas cantas noces e castañas peladas, algunhas uvas, as feijoas, mandarinas, a granada e... a comer!!

Hai que dicir que, se ben houbo algún ou algunha que se resistiu, moitos lambóns probaron as froitas que preparamos... e de boa gana!
Ademais, o interior dalgúns froitos como a granada ou a feijoa foi moi sorprendente para todos e todas.






Grazas a todos pola vosa colaboración, e que aproveite!!

A chegada ao cole: a chegada do outono


Moi boas a todos e todas!!!

Xa que son bastantes os días que levamos no cole e neste tempo comezamos a traballar nalgunhas cousiñas, queremos mostrarvos unhas poucas fotos destas xornadas...

Como xa saberedes, coincidindo coa nosa chegada ao cole estreábamos unha nova estación: o outono. Dado que tódolos días, cando miramos o calendario, falamos do tempo que fai e da estación na que estamos, cremos necesario coñecer un pouco máis acerca dela. Por iso creamos o noso recuncho do outono, e así -dende aquí vos damos as grazas-, nenos e nenas foron achegando algunhas cousiñas típicas del.






Como vedes, castañas, granadas, noces e folliñas fóronse agrupando no noso recuncho, e pouco a pouco, ademais, fixemos algúns traballos relacionados co tema que estabamos a tratar: a decoración da aula, a representación do tempo desta estación...





Desta forma, e a través dalgún contiño, refráns e cancións, fomos achegándonos un pouco máis ao outono, incluso tamén, como veredes na próxima entrada, a través do sentido do gusto...

Grazas por lernos!

Benvidos ao noso blogue!!

Moi boas a tod@s!!

O primeiro que queremos (e debemos) facer é, por suposto, darvos a benvida ao noso blogue, no que vos iremos comentando anécdotas, actividades e algunha que outra festa ou celebración que fagamos no cole.

Como veredes no noso título, unha das cousas que fixemos nos primeiros días de clase foi escoller o noso nome: o nome do grupo, da aula. Así, de entre varias opcións, decantámonos polo nombre dos pingüinos!

Isto non é algo casual, xa que algo antes coñecemos a nosa mascota da aula, o Pingüino Marcelino, que de vez en cando nos deixa algunha cartiña, algún xogo... e, en definitiva, fainos un pouco máis entretido o día a día.

Aquí vos deixamos unha foto con el destes días, para que tamén vós o coñezades.
E agora sí... comenzamos!