Moi boas a todos e todas!!!
Xa que son bastantes os días que levamos no cole e neste tempo comezamos a traballar nalgunhas cousiñas, queremos mostrarvos unhas poucas fotos destas xornadas...
Como xa saberedes, coincidindo coa nosa chegada ao cole estreábamos unha nova estación: o outono. Dado que tódolos días, cando miramos o calendario, falamos do tempo que fai e da estación na que estamos, cremos necesario coñecer un pouco máis acerca dela. Por iso creamos o noso recuncho do outono, e así -dende aquí vos damos as grazas-, nenos e nenas foron achegando algunhas cousiñas típicas del.
Como vedes, castañas, granadas, noces e folliñas fóronse agrupando no noso recuncho, e pouco a pouco, ademais, fixemos algúns traballos relacionados co tema que estabamos a tratar: a decoración da aula, a representación do tempo desta estación...
Desta forma, e a través dalgún contiño, refráns e cancións, fomos achegándonos un pouco máis ao outono, incluso tamén, como veredes na próxima entrada, a través do sentido do gusto...
Grazas por lernos!









No hay comentarios:
Publicar un comentario