martes, 8 de noviembre de 2016

Probando os froitos do outono

Seguimos poñéndovos ao día!

Xa que foron moitos os nenos e nenas que achegaron á aula algún froito desta época (castañas, noces, granadas, feijoas, améndoas, etc...), aproveitamos para falar deles e distinguir así entre aqueles que son máis duros ou con cáscara (os froitos secos) e aqueles outros que son tenros ou máis humidos (carnosos), como as uvas, as mazás, as mandarinas...

Tras facer isto, ademáis, animámosnos a probalos: dispuxemos nun pratiño unhas cantas noces e castañas peladas, algunhas uvas, as feijoas, mandarinas, a granada e... a comer!!

Hai que dicir que, se ben houbo algún ou algunha que se resistiu, moitos lambóns probaron as froitas que preparamos... e de boa gana!
Ademais, o interior dalgúns froitos como a granada ou a feijoa foi moi sorprendente para todos e todas.






Grazas a todos pola vosa colaboración, e que aproveite!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario